Obradoiro de Investigación Arqueolóxica 2004

En 1978 o arquitecto Don Jaime Garrido deu a coñecer a existencia de útiles paleolíticos arcaicos na Chan do Cereixo, Portavedra (Gondomar), considerados por os investigadores como os máis antigos coñecidos en Galicia. Localizado no centro dunha zona especialmente sensible, como é o sur das provincias de Pontevedra e Ourense e preto do ben coñecido xacemento das Gándaras de Budiño,  escavado por Don Emiliano Aguirre, o que fora director do Proxecto de Investigación de Atapuerca (Burgos). Despois de 26 anos do seu descubrimento, Chan do Cereixo segue a ser un dos xacementos no que aínda non se realizou ningún tipo de acción arqueolóxica encamiñada ao seu estudio, sendo a súa importancia descoñecida incluso para os propios habitantes da zona.

ORGANIZA : Instituto de Estudos Miñoranos

COMISARIA: Rosa Villar Quinteiro

INFORMACIÓN: Eduardo Méndez (605 391 369) e

Rosana Estévez (629828382)

 LUGAR: IES Auga da Laxe de Gondomar

DATAS: do 22 ao 26 de Novembro  2004

HORARIO: de 10:00 a 13:00 (de luns a venres para os centros de ensino) e de 16:00 a 19:00 (de xoves a venres para a comunidade en xeral)

 

Pódese descargar aquí o cartel en PDF.

O Obradoiro pretende dar unha visión divulgativa da Arqueoloxía en Prehistoria centrándose no xacemento de Chan do Cereixo-Gondomar, buscando por unha parte a difusión das técnicas científicas de investigación arqueolóxica como tarefa interdisciplinaria (arqueólogos apoiados por xeólogos, edafólogos, palinólogos,físicos, químicos,...) e por outra parte unha sensibilización da poboación respecto á importancia de preservar o noso rico Patrimonio.

Estas xornadas estarán dirixidas maioritariamente aos estudiantes dos centros de ensino secundario e bacharelato en horario matinal e ó público en xeral en horario vespertino, onde mediante visitas de 50 minutos monitorizadas por guías formados para a ocasión, asistirán a unha exposición con paneis interpretativos e autocontidos, que poñen de manifesto a importancia do xacemento e a aplicación do método científico no eido arqueolóxico. Durante a visita, con material didáctico de apoio, poderán visionar un diaporama sobre a talla de útiles prehistóricos realizada polo experto tallador Don Manuel Ledo e interaccionar cos módulos manipulativos, as reproducións de pezas prehistóricas ou o material de investigación.

COLABORAN

  Xunta de Galicia. Consellería de Innovación, Industria e Comercio. Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

  Programa Sócrates/Comenius da Unión Europea. “Hands-on Science”.

  IES Auga da Laxe de Gondomar.

  Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas da Universidade de Vigo.