Ciencias nas Mans 2005

Coincidindo coa celebración dos centenarios do Annus Mirabilis de Albert Einstein e da fundación da asociación filantrópica Unión Hispano Americana do Val Miñor, o I.E.S. Escolas Proval de Nigrán, unha das súas mais salientables iniciativas, acolle a exposición interactiva de actividades e experiencias manipulativas “Ciencias nas Mans”. Esta actividade organizada por os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía do propio instituto conta co apoio da rede científica “Hands on Science” do programa Sócrates/Comenius da Unión Europea para o ensino experimental das ciencias, por ser membro asociado desta rede baixo a coordinación do Departamento de Física Aplicada na ETSE de Minas da Universidade de Vigo. Asimesmo, conta coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoranos e as Concellerías de Educación dos Concellos de Nigrán, Gondomar e Baiona.

  

ORGANIZA : I.E.S. Escolas Proval

COORDINADORES: Salvador Rodríguez Muñoz
Josefa Fernández Rodríguez
Antonio Lago Rodríguez

 LUGAR: IES Escolas Proval (Nigrán-Pontevedra)

DATAS: do 29 de Marzo ao 1 de Abril

HORARIO: de 9:00 a 14:00 (de martes a venres para os centros de ensino) e de 16:30 a 19:30 (xoves  para a comunidade en xeral)

 

 Pódese descargar aquí o tríptico PDF.

"Ciencias nas Mans" reúne diversos elementos interpretativos e didácticos deseñados especificamente, xirando ao redor dunha montaxe expositiva que inclúe media centena de actividades rechamantes cos correspondentes paneis autoexplicativos, co claro obxectivo de espertar o interese cara á ciencia e conectala coa realidade, facendo ver que moitos feitos cotiáns pódense explicar con ideas científicas sinxelas.

"Ciencias nas Mans" vai especialmente dirixido aos estudiantes de E.S.O. e Bacharelato dos centros educativos do Val Miñor. Para a participación na actividade, os grupos de alumnos convidados disporán da monitoraxe realizada por alumnos voluntarios do I.E.S. Escolas Proval que farán tarefas de apoio ao desenvolvemento da actividade durante a visita para guialos e ofrecerlles as explicacións necesarias.

COLABORAN

  Programa Sócrates/Comenius da Unión Europea. “Hands-on Science”.

 Instituto de Estudos Miñoranos.

  Concello de Nigrán.

  Concello de Gondomar.

  Concello de Baiona.