Semana da Ciencia  2005 ( A Xunqueira/Poio)

Ao igual que no ano 2004, a Semana da Ciencia tenta dar exemplos de experimentos científicos de baixo custo que poidan ser asumidos por un centro escolar e que servan de axuda para facer comprender ó alumnado e ó público en xeral, que a ciencia non é tan complicada e que permite dar unha explicación de moitos feitos cotiáns, sen necesidade de gran aparato matemático que acostuma ser o que produce rexeitamento. Preténdese achegar a ciencia e tecnoloxía á sociedade, facendo ver que moitas feitos cotiás pódense explicar con conceptos físicos e químicos, o cal permite ver a ciencia como algo cercano.O proxecto traducese nunha exposición de experimentos que permite a calquera persoa entender os fenómenos e a súa explicación. Pretendese espertar o interese e a motivación deica a ciencia, fundamentalmente o alumnado de primaria e secundaria.

 

O traballo desenvolvido o curso pasado foi galardonado cun dos premios á Innovación Educativa outorgados pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

ORGANIZA : I.E.S. A Xunqueira
I.E.S. de Poio

  

COORDINADORES: Manuel Dapena Márquez
Concepción Mora Domínguez
 

 LUGAR: I.E.S. A Xunqueira
I.E.S. de Poio

DATAS: do 2 ao 6 de Maio
do 9 ao 13 de Maio

HORARIO: de 9:00 a 14:00

 

 Pódese descargar aquí o  tríptico PDF.

 


Este traballo nace da colaboración dos seminarios de Física e Química de dous institutos de educación secundaria da provincia de Pontevedra: o IES A Xunqueira de Pontevedra e o IES de Poio co Departamento de Física Aplicada na ETSE de Minas da Universidade de Vigo, dentro do programa Comenius 3 da Axencia Sócrates da Unión Europea,

A esta idea sumaríanse posteriormente os Seminarios de Tecnoloxía dos dous institutos e o Seminario de Bioloxía e Xeoloxía do IES de Poio, contando coa colaboración dos seminarios de Educación Plástica, Automoción, Madeira, Electrónica e Lingua Galega do IES A Xunqueira.
 

COLABORAN

  Programa Sócrates/Comenius da Unión Europea. “Hands-on Science”.

  Concello de Pontevedra.

  Concello de Poio.