XII Feira da Ciencia e Tecnoloxía 2006 |
|
A Feira da Ciencia e Tecnoloxía é unha manifestación das capacidades dos alumnos que se celebra anualmente, dende o ano 1995, no IES Porta da Auga e que trata de levar fóra da aula o que os alumnos aprenden e son capaces de exteriorizar. Esta salientable actividade é agora un modelo para experiencias similares desenvolvidas fora e dentro de Galicia. Dese xeito o aprendizaxe pasa a ser transparente e impregnar o día a día dos propios alumnos. Na presente edición amosase un cento de experiencias, montaxes e pequenas investigacións entre os días 4 e 7 de Abril. Está prevista a visita organizada de diversos centros de ensino da bisbarra, ata un máximo duns 500 alumnos, que se verán guiados polos seus compañeiros do instituto, quenes ademáis lles ensinarán cada unha das experiencias. Conta co apoio da rede científica “Hands on Science” do programa Sócrates/Comenius da Unión Europea para o ensino experimental das ciencias, por ser membro asociado desta rede baixo a coordinación do Departamento de Física Aplicada na ETSE de Minas da Universidade de Vigo. Asimesmo, conta coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. |
|
ORGANIZA : I.E.S. Porta da Auga
COORDINADOR:
Antonio Gregorio Montes LUGAR: IES Porta da Auga (Ribadeo-Lugo) DATAS: do 4 ao 7 de Abril HORARIO: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 17:00 |
Pódese descargar aquí o cartel PDF.
Pódese descargar aquí o tríptico PDF. |
En toda
sociedade hai cousas que se fan ``na casa´´ de xeito exclusivo ou preponderante.
Son eses feitos os que teñen funcións máis íntimas, e, nese senso, máis vitais
no propio transcurrir das persoas. É evidente que a ciencia non ocupa un lugar
nese mundo máis interno, ó menos en xeral: non se realiza de xeito
preponderante, nin está presente na maioría dos casos no fogar. |
COLABORAN |
Programa Sócrates/Comenius da Unión Europea. “Hands-on Science”. |
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. |