Preguntas máis frecuentes |
A coordinación xeral da rede corresponde a Manuel Filipe Pereira da Cunha Martíns Costa (Universidade do Minho). En cada país existe un coordinador nacional (dous en España e Grecia) encargado da súa coordinación rexional. Todos eles constitúen o Comite Executivo de H-Sci.
|
A solicitude para ser centro asociado pódese enviar vía email ó co-coodinador nacional coa información indicada no apartado Asociarse.
|
Concédese preferencia ós membros da rede para a participación nos diferentes eventos organizados (cursos para o profesorado, seminarios e congresos), financiándose a mesma mediante solicitudes baixo a acción Comenius 2 do Programa Sócrates. Asimesmo, ponse a disposición dos membros da rede o material desenvolvido para o seu emprego e avaliación. Facilítase a realización de proxectos de colaboración internacional entre centros de ensino, obténdose o financiamento a través de solicitudes baixo a acción Comenius 1 do Programa Sócrates. Máis información das próximas convocatorias na Axencia Sócrates española.
|
O co-coordinador nacional pon a disposición dos membros asociados a súa experiencia e os recursos disponibles da rede para organizar unha Semana/Feira da Ciencia nos centros interesados. |