Ciencia Manipulativa 2006 |
|
Os museos interactivos xogan un valioso papel nun contexto de aprendizaxe de libre elección, aberto, non formal ou informal ao establecer un vínculo lúdico entre a Ciencia e a Educación, actuando como catalizadores do aprendizaxe e espertando a curiosidade a través dunha pequena exploración individual semiguiada. A participación activa nestes centros empregando montaxes de experimentación directa ten a súa orixe recoñecida no Exploratorium de San Francisco, que como museo de terceira xeración céntrase na aprendizaxe mediante módulos deseñados para explorar e manipular, en oposición á convencional visualización de obxectos científicos ou históricos. Así, permítese enlazar conceptos teóricos e prácticos nunha visión científica interdisciplinaria, amosando as relacións da Ciencia coas aplicacións cotiás sen as restriccións típicas da aprendizaxe formal. |
|
![]() |
|
COORDINADA POR: Jeffrey Lessoff Miller (Inglés Técnico Avanzado) LUGAR: Aulas B1 e B3 na E.T.S.E. de Telecomunicación (Universidade de Vigo) DATA: 24 de Maio (de 9:00 a 15:30)
|
Podes descargar aquí o cartel en PDF
|
Neste contexto, entre os recursos que ten o profesorado para facilitar a aprendizaxe dos contidos científicos do ensino formal temos a posibilidade de aproveitar a oferta dos centros interactivos do entorno nas típicas actividades extraescolares ou mesmo importar a filosofía dun museo interactivo á propia escola, nun proceso no que actores (profesores e estudantes) de diferente nivel realizan as tarefas correspondentes de forma cooperativa e coordinada. “Ciencia Manipulativa 2006” pretende ser un pequeno Exploratorium na aula. É unha exposición que reune unha veintena de elementos interpretativos e didácticos diseñados especificamente polos propios alumnos da asignatura de Inglés Técnico Avanzado que se imparte na E.T.S.E. de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Cada un destos módulos está acompañado dun panel autoexplicativo realizado de forma individual por cada un dos alumnos que presenta breves indicacións de como usalos así como unha explicación do fenómeno observado. Os propios alumnos/monitores realizan ao mesmo tempo tarefas de apoio durante o desenvolvemento das visitas programadas. |
COLABORAN |
|
|
![]() |